A parroquia do Cadramón, no Valadouro, celebra as súas festas
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 Sep 2019
A parroquia do Cadramón, no Valadouro, celebrará esta fin de semana as súas festas patronais na honra de San Cosme, San Xorxe e Santa Filomena.
A celebración dará comezo ás 12.45 horas coa bendición do gado e ás 13.00 será a misa solemne seguida da sesión vermú e a verbena a cargo das orquestras M-3 e Pontevedra.
Xa o sábado 28, ás 13.00 horas haberá unha misa solemne ás 13.00 horas, seguida da procesión e a sesión vermú a cargo das orquestras Huracán e Gran Parada.
O domingo haberá de novo misa e sesión vermú coa orquestra Los Adrianos