A parroquia polega de Caraño estará de festa o 16
TerraChaXa
O sábado 16 de novembro terán lugar as festas patronais na parroquia de Caraño, en Pol, na honra a San Martiño.
13 Nov 2019
O sábado 16 de novembro terán lugar as festas patronais na parroquia de Caraño, en Pol, na honra a San Martiño.
Os actos darán comezo ás 13.30 horas con misa solemne e procesión seguida dunha sesión vermú a cargo da orquestra Compostela.
Á noite haberá tamén verbena, na que actuará a mes acorquestra acompañada do trío D'Nika.