A parroquia pontenovesa de Villaemil está de festa
TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
27 sep 2019
A parroquia pontenovesa de Villaemil festexa o San Miguel cunha gran pulpada esta noite de venres servida por Esther de Monterroso e unha verbena ás 23 horas a cargo da orquestra Stereo.
A festa continúa mañá sábado cunha misa solemne ás 13.30 horas e a actuación da orquestra Enigma que volverá a subir ao escenario á noite ao igua que fará o acordeonista Javi Loureiro.
O domingo, a partir das 14 horas, Javi Loureiro animará a sesión vermú.