A parroquia pontesa de Vilabella celebra o sábado o seu xantar popular

TerraChaXa
Hoxe rematar o prazo para anotarse á comida e á cea
fogos-artificiais-festas
25 Aug 2025

A parroquia da Vilabella prepárase para acoller a XXII Festa do Xantar Popular en honra a San Andrés o vindeiro sábado 30 de agosto. A xornada festiva comezará ás 13.30 horas coa tradicional misa solemne, para despois continuar cunha sesión vermú e unha gran verbena que estará amenizada polo artista Álex.

O menú do xantar incluirá pratos típicos como empanada, polbo, churrasco mixto, chourizos, ademais de viño, refrescos, café, licor e sobremesa. Xa pola noite, na cea, servirán liscos, chourizos, queixo e o tradicional roscón de San Andrés, que poñerá o toque doce á celebración.

A organización lembra que o último día para inscribirse será o luns 25 de agosto. O evento, organizado pola comisión da parroquia coa colaboración de Soto Espectáculos, promete unha xornada de confraternidade veciñal arredor da gastronomía, a música e a devoción a San Andrés.

⚙ Configurar cookies
0.16699886322021