A parroquia vilalbesa de Alba celebra as súas festas patronais

TerraChaXa
A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa
festas-en-alba
24 Sep 2025

A parroquia vilalbesa de Alba celebra as súas festas patronais en setembro na honra ao Santo Anxo. Estas darán comezo o venres 26 cunha liscada de balde a partir das 21.30 horas, á que seguirá unha verbena co dúo Dilema.

O sábado haberá oficio relixioso ás 13.30 horas con procesión e sesión vermú que estará cargo da orquestra Escaparate, o mesmo que se ocupará da verbena xunto ao dúo Venus.

O domingo será a fin de festa, a cargo deste mesmo grupo, que fará unha sesión vermú prolongada despois da misa, ás 13.30 horas.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

⚙ Configurar cookies
0.092319965362549