A parroquia vilalbesa de Árbol realizará obradoiros tres días á semana
TerraChaXa
Os interesados en inscribirse deberán poñerse en contacto coa asociación
30 sep 2024
A Asociación Cultural e Deportiva de Árbol, en Vilalba, retoma este mes de outubro as actividades culturais e volve ofertar unha serie de obradoiros para os veciños da localidade.
Haberá clases de música tradicional para nenos e adultos impartidas por Pablo Pintos, os mércores a partir das 21.30 horas.
Tamén ofreceranse clases de teatro, os venres a partir das 21.30 horas; de ximnasia os mércores pola mañá, ás 11.30 horas, e os luns de zumba, ás 22.00 horas.
Os interesados en inscribirse deberán poñerse en contacto coa asociación.