As parroquias vilalbesas de Carballido e Oleiros celebran as súas patronais

TerraChaXa
As parroquias vilalbesas de Carballido e Oleiros celebran esta fin de semana s súas festas patronais con música.
festas-de-vilalba-fogos-artificiais
16 sep 2022

A parroquia vilalbesa de Carballido festexa esta fin de semana á Virxe dos Remedios coas súas festas patronais.

As celebracións arrancarán o sábado 17 coa misa ás 13.30 horas seguida de procesión. O apartado musical contará coa orquestra Miramar, en sesión dobre a mediodía e á noite, e á verbena súmase Galaxia.

O domingo repetirase o oficio relixioso á mesma hora e a sesión vermú e a verbena estará ao cargo de D'Noche.

A organización lembra que o campo da festa estará cuberto cunha carpa.

OLEIROS

As festas en Oleiros na honra de San Mamede terán lugar o sábado e domingo. O primeiro día será a misa ás 13.30 horas seguida de procesión amenizada pola agrupación Mestura de Nete. Despois terá lugar a tradicional sesión vermú a cargo de Tapyöka, que repetirá na verbena xunto a New York.

O domingo será o grupo Fénix o encargado de poñer o punto e final ás festas en sesión vermú, trala misa e procesión, que comezará ás 14.00 horas.

festas-carballido-vilalba
0.19554996490479