A parroquia vilalbesa de Ladra acolle unha xornada sobre envellecemento co programa Xunt@s
TerraChaXa
O programa Xunt@s continúa con actividades no concello de Vilalba.
22 Apr 2024
O programa Xunt@s continúa con actividades no concello de Vilalba. Trátase dunha iniciativa impulsada pola Deputación de Lugo que, da man dos municipios da provincia, busca contribuír ao envellecemento activo no rural a través de actividades gratuítas de lecer e formación.
Nesta ocasión será unha charla sobre envellecemento activo, que terá lugar o mércores 24 de abril, ás 18.00 horas na Casa Escola de Ladra.
Son xornadas dirixidas a toda a poboación maior de idade.