A parroquia vilalbesa de Ladra celebra as súas patronais
TerraChaXa
A parroquia vilalbesa de Ladra celebrará as súas festas patronais na honra á virxe do Remedios a fin de semana do 13 e o 14 de outubro.
10 Oct 2018
A parroquia vilalbesa de Ladra celebrará as súas festas patronais na honra á virxe do Remedios a fin de semana do 13 e o 14 de outubro.
Os actos darán comezo o sábado con misas ás 10, 11, 12 e 13:30 horas. Seguidas dunha sesión vermú e amenizadas coa orquestra Huracán, a cal tocará tamén na gran verbena xunto coa orquestra Xacobeo.
O domingo volverá o oficio relixioso ás 13:30 horas e seguirá coa sesión vermú a cargo do grupo Tribal.
A organización lembra que haberá campo cuberto cunha carpa.