A parroquia vilalbesa de Ladra estará de festa a fin de semana

TerraChaXa
Os festexos desenvolveranse no campo cuberto con carpa, garantindo así o bo ambiente sen importar o tempo
festas-ladra
9 Oct 2025

A parroquia de Ladra, no concello de Vilalba, prepara xa as súas tradicionais festas na honra da Virxe dos Remedios, que se celebrarán os días 11 e 12 de outubro. A cita reunirá veciños e visitantes nun programa relixioso e musical.

O sábado 11 haberá misas ás 11:30, 12:30 e 13:30 horas, seguidas da procesión e dunha sesión vermú amenizada polo dúo Calibre, que tamén será o protagonista da gran verbena nocturna, xunto coa orquestra Los Españoles.

O domingo 12 celebrarase a misa solemne ás 13:30 horas, coa tradicional procesión e unha sesión vermú a cargo do dúo Venus, que porá o broche final ás celebracións.

Os festexos desenvolveranse no campo cuberto con carpa, garantindo así o bo ambiente sen importar o tempo.

⚙ Configurar cookies
0.079720973968506