A parroquia vilalbesa de San Martiño celebra as súas festas
TerraChaXa
As festas na honra a San Martiño de Vilalba serán os días 10 e 11 de novembro.
8 Nov 2018
As festas na honra a San Martiño de Vilalba serán os días 10 e 11 de novembro.
Os festexos darán comezo o sábado 10, á partir das 13.30 horas, coa misa solemne, seguida da procesión e da sesión vermú. Para despois a noite desfrutar da gran verbena coas orquestras Compostela e Trebol.
O domingo, último día de celebración, haberá novamente misa ás 13.30 seguida de procesión ata o campo da festa. Tras esta haberá sesión vermú co trío Orquídea.