A parroquia vilalbesa de Sancovade muda a celebración do Entroido á Casa Escola da Frouxeira

A parroquia vilalbesa de Sancovade organiza unha festa de Entroido para este sábado 14 de febreiro que contará co seu tradicional concurso de disfraces.
Así, a celebración comezará ás 14 horas na Casa Escola da Frouxeira coa sesión vermú para despois ter un xantar popular. Cambiouse de lugar desde o Campo de Fútbol debido ao tempo e ao número de participantes.
Pola tarde será o concurso de disfraces, que dará comezo a partir das 18.00 horas, e repartirá premios nas categorías individual, adulto e infantil, e comparsas. Para anotarse ao concurso establécese o período de tempo das 14.00 ás 17.30 horas.
O prezo do xantar é de 45 euros para os que non sexan socios e 35 para os restantes. Para os nenos menores de 5 anos será de balde e os nenos a partir desa idade pagarán a metade. A inscrición xa está pechada. Para participar no concurso haberá que pagar tamén unha cota de 5 euros por individual adulto, 20 por comparsa e os nenos terán a inscrición gratuíta.
A sesión estará amenizada por Puzzle Animación e sortearase unha cesta típica de Entroido.