A parroquia vilalbesa de Sancovade tamén terá xornada de Entroido este ano
A parroquia vilalbesa de Sancovade organiza unha festa de Entroido para o sábado 10 de febreiro que contará co seu tradicional concurso de disfraces.
Así, a celebración comezará ás 14 horas no campo de fútbol coa sesión vermú para despois ter un xantar popular.
Pola tarde será o concurso de disfraces, que dará comezo a partir das 18.00 horas, e repartirá premios nas categorías individual adulto e infantil e comparsas. Para anotarse ao concurso establécese o período de tempo das 14.00 ás 17.30 horas.
O prezo do xantar é de 40 euros para os que non sexan socios e 30 para os restantes. Para os nenos menores de 6 anos será de balde e os nenos a partir desa idade pagarán a metade. A organización lembra que xa están a venda os tíckets para participar no xantar e poderanse adquirir ata hoxe, 3 de febreiro. Para participar no concurso haberá que pagar tamén un cota de 5 euros por individual adulto, 20 por comparsa e os nenos terán a inscrición gratuíta.
A sesión estará amenizada por Puzzle Aninación e sorterarse unha cesta típica de Entroido.