A Pastoriza investirá 240.000 no arranxo de accesos e vías nas parroquias
O Concello da Pastoriza fixo público a listaxe de obras que realizará en colaboración ca Xunta de Galicia en zonas do medio rural.
Así, están previstas nove actuacións dentro de tres proxectos que se acollerán ao Plan de rehabilitación de camiños de zonas de concentración parcelaria por importe de 242.000 euros.
O Concello adiantou que se farán actuacións en Pousada, Luxilde, Xemil, Francos en Bretoña, Marquide, A Iglesia e Portela na Rigueira, O Vilar e A Cubela en Reigosa, dende A Fraga ata Afoz e Travesía Principal Terceira na Pastoriza.
Todas estas obras corresponden a vías de acceso a fincas e tamén outras que estaban moi deterioradas.
A aportación da Xunta está cifrada en 200.000 euros e o resto estará ao cargo do Concello.
"Dende o Concello seguiremos pelexando por conseguir o máximo diñeiro posible para actuar sobre a rede vial, a cal estaba e está moi deteriorada", explicou o alcalde popular, Darío Cabaneiro.