A Pastoriza celebra un obradoiro sobre o solo pélvico o mércores

TerraChaXa
O programa inclúe ademais información sobre esforzos, tose crónica e deportes hiperpresivos, técnicas de tratamento e unha sesión práctica para poñer en marcha o aprendido
solo-pelviano-solo-pelvico-mulleres
10 Oct 2025

O Concello da Pastoriza organiza o Taller de Solo Pélvico, que terá lugar o 15 de outubro na Casa da Música, en horario de 16:30 a 20:30 horas. Esta actividade, promovida en colaboración co Servizo Galego de Saúde, a Axencia Galega de Coñecemento en Saúde e a Escola Galega de Saúde para Cidadáns, está dirixida a todas aquelas persoas interesadas en coñecer mellor o funcionamento e o coidado do solo pélvico.

Durante o taller abordarase a anatomía e as funcións do solo pélvico, así como as repercusións do embarazo e do parto nesta zona do corpo. Tamén se analizarán as causas e consecuencias da debilidade da musculatura pélvica, os efectos do exercicio físico e dos abdominais, e as patoloxías asociadas.

O programa inclúe ademais información sobre esforzos, tose crónica e deportes hiperpresivos, técnicas de tratamento e unha sesión práctica para poñer en marcha o aprendido.

As persoas interesadas poden inscribirse chamando aos teléfonos 982 332 197 ou 629 534 793. Trátase dunha oportunidade para aprender a previr e mellorar problemas de saúde relacionados cunha parte esencial do benestar físico, especialmente importante para mulleres en diferentes etapas da súa vida.

⚙ Configurar cookies
0.069231033325195