A Pastoriza abre o prazo de solicitudes para os novos ingresos do PAI

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para os novos ingresos no punto de atención a infancia.
62242728_882835285387405_4031624511571886080_n
10 Xuño 2019

O Concello da Pastoriza ten aberto o prazo de solicitudes para os novos ingresos no punto de atención a infancia.

Estará aberto o prazo de matrículas novas dende o día 6 de xuño e ata o 6 de xullo.

O modelo de solicitude facilitarase nas oficinas do PAI ou nas do Concello. Haberá que presentar ademais de fotocopias dos DNIs ou libros de familia, un certificado de empadroamento, a declaración da renda, a última nómina, a certificación do INEM, ou outros documentos acreditativos.

0.1523220539093