A Pastoriza acolle a fin de semana a terceira proba do Campionato Galego de Kárting

TerraChaXa
O ciruíto da Pastoriza acollerá este esta fin de semana a terceira carreira do Campionato Galego de Kárting, a terceira das seis probas.
campionato galego karting pastoriza portada
4 Xuño 2021

O circuíto da Pastoriza acollerá este esta fin de semana a terceira carreira do Campionato Galego de Kárting, a terceira das seis probas que se realizarán este ano organizadas pola Federación Galega de Automobilismo e a edición número 48 desta cita deportiva.

As probas arrincarán ás 8.30 horas do domingo e terminará ás 14.15 horas coa última carreira, á que seguirán as verificacións e a entrega de trofeos.

Os pilotos que compiten polo título volverán visitar o circuíto da Pastoriza o 29 de agosto, na quinta sesión antes de ir a Porriño o 26 de setembro para o peche de tempada.

karting pastoriza galego
0.22748517990112