A Pastoriza acolle as finais de Copa da Liga da Terra Chá de fútbol sala de base
TerraChaXa
Durante toda a mañá serán os últimos partidos de liga, comezando ás 10.00 horas
Cartel co horario
23 May 2024
O pavillón da Pastoriza acolle este sábado as Finais de Copa da Liga da Terra Chá para as categorías de base de fútbol sala.
Así, durante toda a mañá serán os últimos partidos de liga, comezando ás 10.00 horas, co partido benxamín entre Guitiriz e Outeiro de Rei. Unha hora despois será a proba alevín Outeiro de Rei-Guitiriz. Este mesmo enfrontamento repetirase ás 12.00 horas pero na categoría prebenxamín.
Rematarán ás 13.00 horas coa proba infantil entre Pastoriza e Guitiriz, antes da entrega de trofeos.
Hoxe venres, será o primeiro dos partidos, ás 17.30 horas entre A Pastoriza e Guitiriz na categoría cadete.