A Pastoriza acolle esta fin de semana o Campionato de España de Minivelocidade
O Campionato de España de Minivelocidade celebrarase do 23 ao 25 de agosto no circuíto municipal da Pastoriza.
A proba, organizada pola Asociación Motorista Lucense (AML), conta con 45 pilotos inscritos - das categorías Moto5, Mini GP 110 4t, Minimoto 5.5, Minimoto Eléctrica, FIM MiniGP Spain Series 160 - Pilotos Selecc., FIM MiniGP Spain Series 160 - Pilotos NO Selecc., FIM MiniGP Spain Series - 190, FIM MiniGP Spain Series 160 - Wild Card, FIM MiniGP Spain Series 190 - Wild Card -, procedentes de clubs de todo o Estado.
A programación deixa o sábado para os adestramentos libres a partir das 10.00 horas e ata as 17.15, con descanso para xantar. A competición será o domingo e dará comezo ás 9.05 coa primeira saída, a de minimoto 5.5. A entrega de medallas será ás 15.05, unha vez rematadas as carreiras.
Na presentación do evento, na que participaron representantes do Concello da Pastoriza, da Xunta de Galicia e das federacións galega e española de automobilismo, o deputado Daniel García valorou "a iniciativa da Asociación Motorista Lucense, que trae á Pastoriza unha proba do calendario estatal" e destacou "o traballo que veñen desenvolvendo nos últimos anos coa organización de diferentes probas que dinamizan a provincia e contribúen a ampliar e diversificar as alternativas de ocio e deporte no noso entorno máis inmediato"