A Pastoriza acolle esta fin de semana o Campionato Galego de Velocidade
TerraChaXa
Participarán mini motos, mini GP, SM, SBK e clásicas

18 Jul 2025
A Pastoriza será de novo epicentro para os amantes do motor e acolle este fin de semana o Campionato Galego de Velocidade.
A cita será este sábado e domingo no circuíto local. Participarán mini motos, mini GP, SM, SBK e clásicas.
As inscricións fanse a través do Portal da Federación Galega de Motociclismo e hoxe é o último día. A cita está organizada pola Federación Galega de Motociclismo, a Xunta de Galicia e o Concello da Pastoriza.