A Pastoriza acolle este mércores un curso sobre o ciberacoso

TerraChaXa
A proposta busca ofrecer información, recursos e ferramentas para identificar e previr estas situacións
curso-de-ciberacoso-afammer
4 Oct 2025

O Concello da Pastoriza, en colaboración coa Asociación de Familias e Mulleres do Medio Rural (Afammer), organiza unha xornada gratuíta sobre acoso escolar e ciberacoso. A actividade terá lugar o mércores 8 de outubro, en horario de 16:00 a 22:00 horas, na Casa da Música da Pastoriza.

As persoas interesadas en participar poderán inscribirse nas oficinas do Concello ou chamando ao teléfono 982 332197. As prazas son limitadas, polo que se recomenda reservar con antelación.

A proposta busca ofrecer información, recursos e ferramentas para identificar e previr situacións de acoso entre iguais, así como as súas consecuencias no ámbito escolar e nas redes sociais. Ademais, pretende fomentar a implicación de familias, profesorado e comunidade na creación de contornos seguros e respectuosos, tanto no día a día como no espazo dixital.

⚙ Configurar cookies
0.066203832626343