A Pastoriza acolle este sábado unha proba de cans de rastro

TerraChaXa
Está organizada polo Técor Terra Chá
proba-tecor-terra-cha-cans-rastro-a-pastoriza
Cartel do evento
22 May 2024

O Técor Terra Chá organiza este sábado, 25 de maio, unha proba de cans de rastro atrelados sobre xabaril.

Co nome de Memorial David García Tuerkas, a proba está organizada tamén pola Federación Galega de Caza e é puntuable para a Copa Galicia da modalidade.

A concentración de participantes será no Hotel Casa da Luz de Bretoña, na Pastoriza e despois da proba haberá un xantar.

A inscrición ten un prezo de 25 euros (30 con xantar previo aviso) e de 15 euros por cada can adicional. o límite de inscrición é  hoxe, 22 de maio. (661 434 294 Jaime)


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.15585017204285