A Pastoriza acolle o domingo 13 de xullo a súa segunda carreira popular

O concello da Pastoriza, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, organizan a segunda carreira popular e andaina da localidade.
Terá lugar o 13 de xullo, en horario de mañá. Comezarán os menores de 16 anos a partir das 10:45 horas, que estarán divididos en tres grupos e que percorrerán entre 150 e 1.500 metros. Ás 11.30 será a andaina, de 4,5 quilómetros. Ás 11.45 horas será a quenda dos adultos, que percorrerán 7 quilómetros.
As persoas que desexen participar deberán anotarse a través de Carreiras Galegas antes do 7 de xullo. O prezo será de 7 euros para os da absoluta e o resto e a andaina serán de balde.
Os premios serán para os tres primeiros da absoluta masculina e tres para a feminina en cada unha das categorías. Haberá un agasallo especial para os corredores empadroados no Concello da Pastoriza que quedaran nos tres primeiros postos da carreira absoluta.
Tamén haberá medalla para todos os nenos participantes nas probas infantís e trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías excepto os máis pequenos.