A Pastoriza acolle o domingo a súa primeira carreira popular
O concello da Pastoriza, xunto coa Asociación de Comerciantes e Empresarios da Pastoriza, organizan a primeira carreira popular e andaina da localidade.
Terá lugar o 14 de xullo, en horario de mañá. Comezarán os máis pequenos ás 11.00 horas, que estarán divididos en dous grupos. Media hora máis tarde será a andaina, de 4,5 quilómetros. Ás 11.30 horas será a quenda dos adultos, que percorrerán 7 quilómetros.
A programación da xornada completarase cunha exhibición de zumba de Las Resilientes ás 13.00 horas, antes da entrega de premios. Finalizarán a sesión cunha sesión vermú a cargo de Dj Riveira. Ademais, haberá pinchos gratis para todos os asistentes.
As persoas que desexen participar deberán anotarse a través de Carreiras Galegas antes do 10 de xullo. O prezo será de 5 euros para os da absoluta e o resto e a andaina serán de balde.
Os premios serán para os tres primeiros da absoluta masculina e tres para a feminina en cada unha das categorías. Haberá un agasallo especial para os corredores empadroados no Concello da Pastoriza que quedaran nos tres primeiros postos da carreira absoluta.
Tamén haberá medalla para todos os nenos participantes nas probas infantís e trofeo para os tres primeiros clasificados masculinos e femininos de cada unha das categorías excepto os máis pequenos.