A Pastoriza acolle o sábado a proba clasificatoria de cross escolar

O Cross Escolar Clasificatorio regresará á Pastoriza este sábado, 22 de novembro, tras varios anos sen celebrarse no municipio. A iniciativa, dirixida ao alumnado participante no programa Xogade, desenvolverase no circuíto de karting entre as 11:00 e as 13:00 horas, nun entorno singular que permitirá gozar dunha xornada de deporte ao aire libre.
A proba reunirá nenas e nenos de distintos concellos, converténdose nun punto de encontro deportivo e educativo no que se fomentará a convivencia, o esforzo e o espírito de superación.
Desde a organización anímase ás familias a achegarse para apoiar aos máis pequenos nun día especialmente importante para eles e para toda a comunidade.