A Pastoriza acolle un novo curso de poda

TerraChaXa
A Reserva da Biosfera Terras do Miño organiza un curso de poda que terá lugar este sábado, 18 de marzo, no local social de Pousada.
poda frutais
17 Mar 2023

A Reserva da Biosfera Terras do Miño, en colaboración co Concello da Pastoriza, organiza un curso de poda que terá lugar este sábado, 18 de marzo, no local social de Pousada.

Este curso desenvolverase en horario de 10:00 a 14:00 e de 16.00 a 20.00 horas.

Os cursos son grauítos e as persoas interesadas poderán realizar a inscrición no teléfono 982 33 2197 e preguntar por Mariluz.

0.17062306404114