A Pastoriza acolle un novo curso de teatro impulsado pola Asociación de Mulleres Rurais

TerraChaXa
As clases desenvolveranse os luns ás 20:30 horas, cun prezo de 35 euros ao mes
curso-teatro-a-pastoriza
5 Sep 2025

A Asociación de Mulleres Rurais da Pastoriza vén de anunciar o inicio dun curso de teatro co que arrinca a súa programación de outono. Trátase dunha actividade que xa na súa primeira edición deixou moi boas sensacións entre as participantes e que agora regresa para seguir ofrecendo espazos de aprendizaxe, diversión e creatividade.

As clases desenvolveranse os luns ás 20:30 horas, cun prezo de 35 euros ao mes, aínda que se aplicará un desconto especial para as socias da entidade. As inscricións poden formalizarse a través do número de teléfono 659 032 194.

Dende a organización animan a todas as persoas interesadas a participar: “Se che gusta pasalo ben e rir a esgalla, non dubides en probar as túas dotes de interpretación”, sinalan.

O curso conta coa colaboración do Concello da Pastoriza e pretende consolidarse como unha das actividades culturais de referencia no municipio, ofrecendo unha alternativa de lecer e desenvolvemento persoal para veciños e veciñas de todas as idades.

⚙ Configurar cookies
0.13827395439148