A Pastoriza acolle unha nova edición do seu Campamento de Verán para nenos e nenas de 3 a 12 anos

TerraChaXa
As prazas son limitadas e terán prioridade os nenos e nenas do concello
campamento-de-veran-a-pastoriza
16 Jun 2025

A ANPA do colexio O Salvador da Pastoriza e o Concello volven poñer en marcha unha nova edición do seu campamento de verán, unha proposta lúdica e educativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos. Esta actividade desenvolverase en dúas quendas: do 23 ao 27 de xuño e do 1 ao 5 de setembro, en horario de 9:00 a 14:00 horas, nas instalacións do centro.

O campamento inclúe xogos, actividades ao aire libre, dinámicas de grupo e propostas didácticas nun ambiente seguro e enriquecedor. Tamén se ofrece servizo de madrugadores desde as 07:45 por un suplemento de 10 euros, facilitando así a conciliación familiar.

Os prezos varían, sendo para socios de 20 euros por unha semana e de 35 polas dúas. Para os non socios é de 30 euros por unha semana e de 45 polas dúas.

As prazas son limitadas e terán prioridade os nenos e nenas da Pastoriza, aínda que tamén se abrirá a participantes doutros concellos se queda dispoñibilidade.

As persoas interesadas poden anotarse a través dos teléfonos 674182584 / 627536577 ou directamente na libraría Bazar Soños da Pastoriza.

⚙ Configurar cookies
0.17653894424438