A Pastoriza acolle unhas xornadas de adestramentos de karting para todas as idades

TerraChaXa
Serán unhas xornadas de adestramentos de karting organizadas polo Concello da Pastoriza, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e a Escola PTC
Karting-A-Pastoriza
17 Apr 2025

O Circuíto Municipal da Pastoriza converterase no epicentro do motor durante a Semana Santa coa celebración da 'Pastoriza Track Test', unhas xornadas de adestramentos de karting organizadas polo Concello da Pastoriza, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo e a Escola PTC (Perfeccionamento e Técnicas de Condución).

A actividade desenvolverase os días 19 e 20 de abril, e está dirixida a participantes de todas as idades, con últimos karts dispoñibles para nenos e nenas de 5 a 8 anos, de 8 a 12 anos e maiores de 13 anos.

O horario de apertura das instalacións será o 19 de abril ás 10:00 horas, con adestramentos desde as 10:30 ata as 19:30 horas. O 20 de abril, as instalacións abrirán ás 9:00 horas, e as actividades desenvolveranse de 9:30 a 17:00 horas.

Para máis información ou reservas, as persoas interesadas poden contactar a través do número 662 968 456.

⚙ Configurar cookies
0.1437931060791