A Pastoriza acolle unhas xornadas sobre diversificación da economía rural
A Alcaldía de Pastoriza organiza a partir deste venres unha serie de charlas sobre diversificación da economía rural dirixidas principalmente a emprendedores e que terán lugar no salón de actos da casa da cultura. As ponencias englóbanse dentro da Estratexia de Desenvolvemento Local.
A primeira sesión será o 24, ás 22.3o horas e estará ao cargo de Xosé Luis Carreira Valín, de Arqueixal Ecoagroturismo. Continuarán o seguinte liuns, 27 de marzo, en sesión de tarde (de 16.00 a 17.30 horas) coa intervención de Xoán Miguel Concheiro Abal, do departamento de Protección da Calidade Diferenciada (Agacal) que fará sobre Recursos para o emprendemento rural na contorna da artesanía alimentaria.
O martes será a vez de Ana Corredoira Vázquez, da Granxa A Cernada SC, que comercializa leite fresco ecolóxico Sen Mais!. Charla que se desenvolverá de 16.30 a 18.00 horas. O mércores, de 21.00 a 22.30 horas intervirá Juan Manuel López Labrada, do grupo PYH Global Services Holding.
Finalizarán o ciclo o xoves 30, co mesmo horario, coa intervención do periodista Xoán Carlos Vidal Crende, que falará de como publicitar a marca nos medios de comunicación de internet.