A Pastoriza acollerá a obra de teatro 'O Pano' este venres

O Concello da Pastoriza organiza a representación da obra O Pano, da compañía Bátega Teatro, o vindeiro venres 21 de marzo ás 12.15 horas no salón de actos do Concello.
A obra, recomendada para maiores de 12 anos, relata unha emocionante historia de superación e conexión atemporal entre dúas mulleres de épocas diferentes. Celia, nacida en 1924, enfróntase aos retos do patriarcado, a Guerra Civil e a posguerra, mentres reconstrúe a súa vida grazas á natureza e á memoria das súas devanceiras. Pola súa banda, Sau, no ano 2040, loita nunha sociedade distópica controlada por microchips. As súas vidas entrelázanse a través dunha fenda temporal nunha narrativa chea de emoción e loita.
A dirección e dramaturxia están a cargo de Raquel López Cendán, quen tamén protagoniza a obra xunto a Ero Vázquez Cabrera. O evento promete ser unha cita ineludible para os amantes do teatro.