A Pastoriza acollerá este sábado o Track Test con opción de entrar na Factoría de Pilotos 2026

O Concello da Pastoriza, en colaboración coa Federación Galega de Automobilismo, organiza este sábado 9 de agosto o Pastoriza Track Test no circuíto municipal.
A actividade desenvolverase en horario de 10:00 a 18:00 horas e ofrecerá aos participantes a oportunidade de poñerse ao volante dun vehículo de carreiras para amosar as súas habilidades na pista.
O obxectivo é que os mellores tempos poidan abrir a porta a converterse en candidatos para a Factoría de Pilotos 2026.
Só hai cinco prazas dispoñibles para kart de competición, e os grupos de catro persoas poderán beneficiarse dun prezo especial.