A Pastoriza acollerá un campamento musical para nenos e nenas de 3 a 14 anos este mes

TerraChaXa
As inscricións están abertas ata o 14 de agosto
campamento-musical
3 Aug 2025

A Asociación Cultural e Deportiva A Pastoriza, en colaboración co Concello e Gandaíña Eventos, organiza un campamento musical dirixido a rapaces e rapazas de entre 3 e 14 anos que terá lugar do 18 ao 22 de agosto. A actividade desenvolverase en horario de 9:00 a 14:00 horas, aínda que se ofrece tamén unha opción madrugadora dende as 8:00.

O programa inclúe actividades musicais, deportivas e xogos, cun enfoque lúdico e educativo pensado para que os máis pequenos gocen dun verán activo e divertido. O prezo por participante é de 35 euros e as prazas son limitadas.

As inscricións están abertas ata o 14 de agosto e a organización habilita tanto un número de teléfono (614 533 273) como un correo electrónico (gandaina@gandainaeventos.com) para solicitar máis información ou formalizar a inscrición.

Trátase dunha proposta pensada para combinar aprendizaxe e entretemento durante o tempo de lecer estival.

⚙ Configurar cookies
0.5647599697113