A Pastoriza acollerá un curso de Manipulador de Alimentos e Hixiene Alimentaria o luns

A Casa da Música da Pastoriza será o escenario dun novo curso de Manipulador de Alimentos e Hixiene Alimentaria, que terá lugar o luns 9 de xuño en horario de 16:00 a 20:00 horas.
A actividade está promovida en colaboración coa Xunta de Galicia, o Goberno de España, a Cruz Vermella, o programa Corresponsables e a entidade Afammer, e busca mellorar a formación da cidadanía en aspectos clave para a seguridade alimentaria.
O curso está dirixido a todas aquelas persoas interesadas en traballar no sector da hostalería, restauración ou manexo de produtos alimentarios, e permitirá obter un certificado oficial de manipulador de alimentos.
As persoas interesadas poden inscribirse chamando ao teléfono 982 332 197. As prazas son limitadas.