Haberá na Pastoriza un obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación o martes

O vindeiro martes, 29 de abril, a Casa da Música da Pastoriza será o escenario dun interesante obradoiro de educación emocional e técnicas de relaxación, pensado para promover o benestar persoal e o autocoñecemento.
A actividade desenvolverase en horario de 17:30 a 20:30 horas e está organizada pola Asociación Amuruxe, en colaboración con AFALU e a Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS).
As persoas interesadas poden inscribirse contactando coa Asociación Amuruxe a través do correo electrónico afalu@afalu.org ou do teléfono 607 843 384.
Trátase dunha oportunidade única para aprender ferramentas prácticas de xestión emocional e relaxación, nun ambiente cercano e guiado por profesionais do ámbito.