A Pastoriza arranca este martes a programación polo 25N

O Concello de A Pastoriza vén de presentar a programación organizada con motivo do 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller. Entre as actividades anunciadas inclúese o III Concurso de Imaxes contra a Violencia de Xénero, no que se invita a participar mediante debuxos ou fotografías acompañadas de frases ou lemas de sensibilización.
O 26 de novembro terá lugar o obradoiro Voando contra a violencia, unha actividade de creación de papaventos dirixida ao alumnado do CEIP Bretoña e do CEIP O Salvador. Así mesmo, o 25 de novembro desenvolverase no IES Fonmiñá o taller Violencia de xénero no novo contexto dixital, centrado en analizar os riscos e formas de violencia que se producen a través das novas tecnoloxías.
A programación complétase coa representación teatral En carne viva, que se celebrará o 26 de novembro ás 11.00 horas na Casa da Cultura de Meira, dirixida ao alumnado dos diferentes IES dos concellos participantes. As actividades contan co apoio do Ministerio de Igualdade a través do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero.