A Pastoriza celebra a partir do venres as súas patronais

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra ao Divino San Salvador que, como todos os anos, teñen lugar a primeira fin de semana de setembro.
apastoriza_portada
27 Aug 2018

O Concello da Pastoriza celebra esta fin de semana as súas festas patronais na honra ao Divino San Salvador que, como todos os anos, teñen lugar a primeira fin de semana de setembro.

As festas iniciaranse o día 31 a partir das 22.30 horas coa verbena a cargo da orquestra Kalima 3.0.

O sábado, día grande, haberá misa solemne ás 14.00 horas seguida da tradicional procesión e tamén da verbena, que estará a cargo de Metrópolis. Esta mesma orquestra será a encargada de amenizar a verbena xunto con Cinema.

Finalmente, o día 22 a misa volverá ser ás 14.00 horas pero estará cantada pola Coral da Pastoriza. Haberá tamén procesión e sesión vermú a cargo da orquestra Maracuyá.

apastoriza
0.1900999546051