A Pastoriza celebrará as súas festas patronais desde o venres

TerraChaXa
Arrancarán cunha liscada de balde e haberá torneo de fútbol sala, música e sorteos
festas-pastoriza
Cartel
31 Aug 2025

A Pastoriza prepárase para vivir a próxima fin de semana as súas festas patronais, na honra ao Divino San Salvador.

Estas arrancarán o venres 5 cunha liscada popular no bar Xarope e na Casa da Cultura que culminará cunha verbena a cargo do Grupo de Baile e Música do Concello da Pastoriza, unha agrupación tradicional e a discomóvil Eventec. O xantar será a partir das 22.30 e constará de churrasco, xamón cocido e liscos de balde.

Durante a noite repartiranse diferentes agasallos a través de sorteos.

O sábado arrancarán os actos ás 13.30 horas coa misa e a procesión, á que seguirá consabida sesión vermú, que estará a cargo do grupo Fénix, que repetirá na verbena xunto a Beatriz.

Pola tarde tamén está prevista a celebración do torneo triangular de fútbol sala feminino, a partir das 17.30 horas. O equipo local, o Pastoricense, xogará en primeiro lugar contra o Vilalba FS e logo contra o 5 Coruña, para rematar co duelo entre eses dous rivais. A entrega de premios terá lugar ás 20.30 horas.

As festas chegarán aso seu final o domingo 7 de setembro, cos tradicionais oficios relixiosos, ás 14.00 horas. Rematarán cunha sesión vermú na que actuará o dúo Belinda. Entre as 13.30 e as 16.30 horas estará situada no lugar a foodtruck do programa da Xunta Galicia sabe a Mar.

⚙ Configurar cookies
0.15733885765076