A Pastoriza celebrará un concurso nas Letras Galegas e non fará actividades presenciais

TerraChaXa
O Concello da Pastoriza non celebrará actos presenciais para celebrar as Letras Galegas. O que si fará será un concurso literario.
nos tamen fumos emigrantes exposicion
11 Maio 2021

Dada a situación epidemeolóxica que se está a vivir, o Concello da Pastoriza non celebrará actos presenciais para celebrar as Letras Galegas. O que si fará será un concurso literario para o  estudantado local e unha entrega de camisetas e máscaras coa imaxe da autora homenaxeada este ano, Xela Arias.

Así mesmo, a finais deste mes abrirase a exposición Nós tamén fumos emigrantes na biblioteca municipal grazas a un convenio asinado polo alcalde e os representantes culturais de Abanca.

Nós tamén fomos emigrantes recolle unha antoloxía de imaxes dos arquivos da Axencia EFE que posúe un dos fondos fotográficos máis importantes de España sobre a emigración galega e española. Son retratos próximos que narran as circunstancias vitais da xeración das nosas nais e pais e tamén de avós e avoas, que abandonaron a súa terra en procura dun futuro mellor.

A esencia dun fotógrafo é estar no lugar onde se produce a noticia. Un dos grandes da fotografía xornalística, Robert Capa, que foi correspondente de guerra en moitas frontes e acabou morrendo ao pisar unha mina en Indochina, dicía que cando a foto non é boa é porque o fotógrafo non estaba o suficientemente preto. A exposición preséntanos, en branco e negro, unha síntese das nosas emigracións plasmada por fotoperiodistas de EFE. É a historia de miles de persoas que tiveron que abandonar a súa terra para sobrevivir. Son os anos cincuenta, sesenta, décadas de fame, de subdesarrollo, de falta de liberdade, pero tamén de construción, de aforrar a peseta para un soñado retorno”, di Miguel Ángel Gozalo, director da Axencia EFE de 1996 a 2004.

0.097131013870239