A Pastoriza completa o programa de actos contra a violencia de xénero
O Concello da Pastoriza celebrará o 25 de novembro, Día Internacional contra a Violencia de Xénero cunha concentración o propio sábado ás 18.30 horas na praza do Concello.
O acto central será a lectura dun manifesto contra a violencia, ao que seguirá a lectura teatralizada do poema de Elena Mato Villar.
Completarase a xornada coa proxección do vídeo Dos machismos de cada día librémonos xa, no salón de actos da casa da cultura. Rematarán coa quenda de coloquio. Esta actividade está organizada pola Plataforma Feminista.
Ademais, ese mesmo día, haberá unha actividade de Cine na rúa e activismo rural no teleclub de Bretoña, a partir das 20.00 horas. A partir da proxección de tres curtametraxes, os asistentes reflexionarán sobre algunhas das problemáticas globais de actualidade.
OUTROS ACTOS
pero o Concello convocou outra serie de actos como o Concurso de Imaxes contra a Violencia de xénero, que xa ten gañador, Miguel García Tojeiro, que fotografiou ao seu fillo facendo labores domésticos e co lema participar nas tarefas do fogar e cousa de todos.
Ademais, está convocado para o día 2 de decembro, nas instalacións da piscina municipal, un curso de autodefensa para mulleres.
Completan os actos o monólogo teatral Golpes, que se representou pasado venres no salón de actos do Concello; e o contacontos E ti, que queres ser de maior. Será o 29 de novembro as 11:00h no salón de actos do concello da Pastoriza e acudirán a ver esta sesión os nenos e nenas do CEIP de Bretoña e do Salvador da Pastoriza.