A Pastoriza conta cunha brigada para loitar contra os incendios este verán

TerraChaXa
Este equipo que actuará no ámbito municipal encargarase de levar a cabo labores de limpeza de fontes
brigada-incendios-a-pastoriza
18 Ago 2024

O Concello da Pastoriza, como outros moitos municipios nestes meses de máis calor, contará con brigada municipal contra incendios. Non se trata dun servizo novo, pois é o segundo ano consecutivo no que manteñen este equipo que actuará no ámbito municipal. Concretamente encargarase de levar a cabo labores de limpeza de fontes, depuradoras e balsas de auga, entre outras. Deste xeito, reforzan a actuación neste concello lucense a favor da prevención, defensa e loita contra os incendios forestais durante os meses de maior risco de lume durante o verán.

0.15061807632446