A Pastoriza contará cun sistema de xeolocalización antes de final de ano

TerraChaXa
Segundo as previsións do alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o Concello da Pastoriza implantará un sistema de xeolocalización  para facilitar o traballo aos servizos de urxencias no tempo municipal.
9 Nov 2018

Segundo as previsións do alcalde da Pastoriza, Primitivo Iglesias, o Concello da Pastoriza implantará un sistema de xeolocalización  para facilitar o traballo aos servizos de urxencias no tempo municipal. A empresa Isocrona é a encargada de realizar a implantación deste sistema, que o Concello espera que esté en funcionamento ante de que remate o ano.

"Os traballos xa están moi adiantados", indicou o alcalde, polo que esperan que se podan cumprir os prazos establecidos.

O funcionamento do sistema de xeolocalización está destinado a múltiples servizos, como ambulancias, bombeiros, veterinarios ou medicos, ademais de sistemas municipais como o de augas.

O obxectivo do mesmo é ter localizada cada unha das casas e camiños do concello para poder acceder ao mesmo no menor tempo posible "que non caso dunha emerxencia pode significar a diferenza entre a vida ou a morte", explica Iglesias.

O Concello da Pastoriza conta actualmente con 175 quilómetros cuadrados e unha gran cantidade de núcleos de poboación dispersos en múltiples camiños polo que con este sistema poderán traballar sen perder tempo.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17514085769653