A Pastoriza convoca as escolas deportivas, que volverán ser gratuítas para a veciñanza

TerraChaXa
O ano pasado, no concello da Pastoriza 150 nenos e nenas estaban inscritos nestas actividades, nas que practican diferentes deportes
escolas-deportivas-pastoriza2
29 sep 2024

As escolas deportivas do Concello da Pastoriza volverán ser gratuítas para os nenos e nenas do concello este curso tal e como o anunciou o ano pasado o alcalde popular, Darío Cabaneiro.

O ano pasado, no concello da Pastoriza 150 nenos e nenas estaban inscritos nestas escolas deportivas, nas que practican diferentes deportes, como baloncesto, fútbol sala, atletismo, xadrez, tenis, tenis de mesa, bádminton, pádel, patinaxe e natación, as mesmas que se ofertan este ano.

O prazo para anotarse xa está aberto.

0.10563707351685