A Pastoriza convoca axudas para o transporte de estudiantes

TerraChaXa
O concello da Pastoriza abriu o prazo para presentar as solicitudes para as axudas no transporte escolar dos nenos censados no concello pero que cursan estudos fóra.
4 Xan 2019

O concello da Pastoriza abriu o prazo para presentar as solicitudes para as axudas no transporte escolar dos nenos censados no concello pero que cursan estudos fóra. O obxetivo desta axudas é sufragar parcial ou totalmente o custo no traslado do alumno ao seu centro educativo. Polo tanto é necesario cumprir os requisitos como que a unidade familiar esté empadroada no concello, e que algún dos fillos estea cursando educación postobrigatoria (1º e 2º curso de bacharelato) ou cursos de formación profesional.

Os interesados poderán solicitar dita axuda no rexistro xeneral no Concello antes do 16 de xaneiro. A solicitude, anexos e as bases están dispoñíbles no concello ou na súa web.

0.094616889953613