A Pastoriza convoca o XXVI Concurso de Poesía e Tarxetas de Nadal

TerraChaXa
A Biblioteca Pública Municipal Ángel Basanta abre o prazo de presentación de obras ata o 19 de decembro, baixo o tema ‘O Nadal’
Postal navideña
13 Nov 2025

A Biblioteca Pública Municipal Ángel Basanta de Pastoriza vén de convocar o XXVI Concurso de Poesía e Tarxetas de Nadal, unha cita xa tradicional que busca fomentar a creatividade e o espírito navideño entre os máis novos do municipio.

O certame, baixo o tema ‘O Nadal’, está dirixido a nenos e nenas que poderán participar con poemas e tarxetas de tamaño 21x15. Establécense tres categorías: A (ata 8 anos), B (de 9 a 11 anos) e C (de 12 a 16 anos). Cada participante poderá presentar todos os traballos que desexe, sempre escritos en galego e cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara.

O prazo de entrega rematará o 19 de decembro de 2025. Un xurado formado por expertos na materia seleccionará ata tres traballos por modalidade e categoría. Os autores premiados recibirán un diploma e libros, e os gañadores na fase local pasarán á fase provincial do certame, promovido pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo coa colaboración da Xunta de Galicia.

Os traballos premiados pasarán a ser propiedade da Biblioteca Pública Municipal, que se reserva o dereito de publicación dos mesmos. A entrega de premios realizarase o próximo mes de xaneiro.

⚙ Configurar cookies
0.070050001144409