A Pastoriza dá a sorpresa na xornada de toma de posesión das alcaldías

TerraChaXa
O pacto entre PSOE e BNG non se puido reeditar e Darío Cabaneiro será o novo alcalde da Pastoriza, onde gobernará con maioría relativa.
alcaldesa de rabade toma posesion
17 Xuño 2023

Con todo acordado na xornada de onte, só quedaba sen saberse o que ía pasar na Pastoriza e en Muras. Finalmente, o longo pacto entre PSOE e BNG non se puido reeditar e o popular Darío Cabaneiro será o novo alcalde da Pastoriza, onde gobernará cunha maioría relativa.

Tanto Primitivo Iglesias, o alcalde nos últimos anos, como Elva Carrera, respresentante do BNG, non foron capaces de chegar a un acordo polo que o bastón de mando recaerá no Partido Popular, que foi o máis votado, tendo un concelleiro máis que o resto.

De todos os xeitos serán unha lexislatura á postre complicada, xa que a oposición sumará máis votos.

En Muras non cambia nada, o BNG de Manuel Requeijo volve asumir o bastón de mando por ser a lista máis votada xa que a única concelleira socialista Jennifer Gómez abstívose. Haberá que esperar ás próximas datas para saber si haberá pacto de goberno.

Tamén tomou posesión a nova alcaldesa de Rábade, a primeira na historia da democracia neste Concello.

No resto da comarca non houbo sorpresas.

0.19098997116089