A Pastoriza dedicará unha rúa ao profesor universitario e veciño de Xemil, Dino Pacio Lindín

O Concello da Pastoriza inaugurará este sábado unha rúa dedicada a Dino Pacio, profesor universitario natural do municipio de Xemil e falecido en xaneiro, unha iniciativa solicitada polos seus veciños e aprobada por unanimidade no pleno municipal.
O acto de homenaxe realizarase no Salón de Actos da Casa da Cultura da Pastoriza ás 11:00 horas, coa benvida do alcalde, Darío Cabaneiro, e un recital musical a cargo dun pianista e un saxofonista do Centro Autorizado de Ensinanzas Artísticas Profesionais de Música Terra Chá.
Ás 11:45 horas intervirán Ángel Basanta, escritor e crítico literario con raíces pastoricenses e alumno de Dino Pacio, e ás 12:00 horas fará o seu discurso Francisco Álvarez “Koki”, escritor e compañeiro de Dino en Nova York. Ás 12:30 horas o escritor e profesor da UDC, Xosé Manuel Malheiro, ofrecerá unha conferencia.
Despois da comida, ás 15:00 horas, terá lugar a inauguración oficial da rúa Dino Pacio Lindín, acto no que participarán o alcalde do municipio, Cielo Manzano, as fillas do homenaxeado e un representante da Comunidade de Montes Coto das Louseiras de Xemil. O evento rematará coa actuación do grupo de baile tradicional de Pastoriza.