A Pastoriza desfrutará dunha fin de semana chea de festas

TerraChaXa
A localidade da Pastoriza estará de festa esta fin de semana, concretamente a partir do venres, na honra de San Salvador.
festas patronais
29 Ago 2023

A localidade da Pastoriza estará de festa esta fin de semana, concretamente a partir do venres, na honra de San Salvador.

O grupo Leña Verde será o encargado de abrir as celebracións, a partir das 23.00 horas do día 1 de setembro. A súa actuación está patrocinada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. Ás 00.00 horas haberá unha discoteca móbil a cargo do grupo Vivilo.

O sábado iniciarase a xornada ás 13.30 horas con procesión, seguida dunha sesión vermú coa orquestra Acordes como protagonista, que será a encargada de amenizar a verbena das 23.00 horas.

O oficio relixioso o domingo será ás 14.00 horas coa tradicional procesión e rematarán as festas cunha sesión vermú a cargo do grupo Fénix.

festas a pastoriza
0.17950820922852