A Pastoriza escolle os gañadores do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025

TerraChaXa
O certame, xa consolidado no calendario cultural da Pastoriza, busca fomentar a creatividade e o uso do galego entre a infancia e a mocidade
xuventude-concurso-literatura-poesia-educacion
1 Jun 2025

O xurado do Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2025, organizado pola Biblioteca Municipal Ángel Basanta da Pastoriza, reuniuse o pasado 29 de maio para avaliar os traballos presentados nas diferentes categorías de idade e modalidades. A deliberación tivo lugar ás 13:30 horas e contou coa participación de Matilde Arrizado Yáñez, profesora de Educación Plástica e Audiovisual no IES Fonmiñá; Margarita Rodríguez Peinó, funcionaria do Concello da Pastoriza; e María López Prado, bibliotecaria e secretaria do xurado.

No apartado de debuxo, na categoría A (ata 8 anos), os premios foron para Celsa Rivas Rodríguez (1º), Laura Carracedo Pérez (2º) e Mateo Expósito Martínez (3º). Na categoría B (de 9 a 11 anos), Alma Fernández Valderrama acadou o primeiro premio, seguida de Moha El Kaboiri e Iago Casado Expósito, cun accésit para Julia Casabella Castro. Na categoría C (de 12 a 16 anos), os recoñecementos foron para Jéssica Alvite Rico (1º), Cristian Folgueira Pasín (2º), Zaida García Seco (3º) e un accésit para Ariana Prieto Fernández.

Na modalidade de narración, na categoría A (ata 8 anos), o primeiro premio recaeu en Nerea Corbelle Díaz, o segundo en Mara Silva Rico e o terceiro en Tiago Falcón García. Na categoría B (de 9 a 11 anos), foron premiadas Noa Battaglie Weitlaver, Mia Vázquez Goyos e Natalia Seco Arias, en primeiro, segundo e terceiro posto respectivamente.

O certame, xa consolidado no calendario cultural da Pastoriza, busca fomentar a creatividade e o uso do galego entre a infancia e a mocidade do concello.

⚙ Configurar cookies
0.34823703765869