A Pastoriza inicia as obras de mellora no Punto de Atención á Infancia

O Concello da Pastoriza vén de iniciar as obras de mantemento e mellora no Punto de Atención á Infancia (PAI), "co obxectivo de renovar as instalacións e avanzar cara a un modelo máis eficiente e sustentable", explicaron desde o.
Os traballos inclúen o cambio dos rodapés en toda a superficie do centro, así como o pintado interior da entrada principal, sala de xogos, habitación de descanso e comedor, co fin de mellorar o confort e a funcionalidade dos espazos destinados aos máis pequenos.
Ademais, aproveitarase esta intervención para levar a cabo a substitución do sistema de calefacción actual, baseado en pellets, por un novo sistema de aerotermia, máis eficiente e respectuoso co medio ambiente. Esta actuación está financiada pola Xunta de Galicia a través do seu programa de mellora da eficiencia enerxética, e permitirá reducir o consumo enerxético do centro, contribuíndo a un servizo municipal de atención á infancia máis sostible.
Con esta intervención, o Concello da Pastoriza reafirma o seu compromiso "coa modernización das instalacións públicas, a calidade na atención á infancia e a transición ecolóxica nos servizos municipais".